RGPD - Cookies
Galicia

Bombeiros de Galicia denuncia que a organización dos servizos de Emerxencia non responde a criterios técnicos

Bombeiros de Vigo/Tresyuno Comunicación

A asociación Bombeiros Públicos de Galicia afirma nun comunicado que «non existe unha distribución e organización dos servizos de emerxencias que atenda a uns criterios técnicos» baseados na «racionalización, nas características xeográficas do territorio e nos riscos potenciais existentes».

Ademáis, sostén que os protocolos de actuación e mobilización de medios responden a «decisións políticas e intereses partidarios» e engaden que esta situación se viu «agravada dende o accidente de Angrois«, tras o cal, subliñan, «foron eliminados os sistemas de comunicación remota dos Parques de Bombeiros e agrupacións de Protección Civil».

«Esta ferramenta permitíanos coñecer en tempo real o desenvolvemento de calquera emerxencia que tivese lugar en Galicia», e subliñan que a súa «eliminación foi a represalia” por «sacar á luz» as «chapuzas» que, na súa opinión, se «produciron no desenvolvemento do operativo de tren».

Bombeiros de Galicia denunciou, tamén, que «non existe unha auténtica profesionalización das emerxencias, un sistema que alimenta o clientelismo promovido por xente sen escrúpulos». Neste senso fan fincapé en que moitos dos grupos que forman os «medios de emerxencia» contan con «medios moi deficientes e escaso persoal».

Bombeiros Públicos de Galicia citan un incendio que tivo lugar o pasado xoves nun almacén de vehículos industriais en, onde os GES do devandito municipio – atentido por «dúas persoas» «pouco poden facer ante un incendio industrial» semellante.

 

También te puede interesar