Galicia

Novo Plan de Práctica Laboral para 200 titulados na provincia de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra tramita un novo Plan De Práctica Laboral para 200 titulados universitarios e de Formación Profesional, que desenvolverán o seu labor na administración local. Cada concello, que ten dereito de 1 a 5 persoas dependendo da súa poboación, dispón ata o 20 de novembro para solicitar os bolseiros.

Para optar á solicitude, presentarán un proxecto de práctica laboral no que se especifique a titulación demandada, as tarefas que executará o bolseiro, o centro de traballo e horario no que vai prestar servizo, así como o sistema de titorías e criterios de avaliación.

Unha vez definidas as titulacións demandadas, procederase a convocar as bolsas para os candidatos. O principal obxectivo, é que os titulados poidan executar as súas prácticas nos primeiros meses de 2015. As bolsas oscilarán entre os 700 e 800€ por un período de 6 meses, prorrogables por outros seis.

También te puede interesar