RGPD - Cookies
Comarcas

Xuntanza de Agricultura Rexenerativa galega, en As Neves

O sábado, día 15, terá lugar o segundo encontro do nodo galego de Agricultura Rexenerativa, en As Neves; despois da primeira xuntanza en setembro no municipio coruñés de Curtis. O evento, que comezará ás 10 e media da mañá, inclúe a práctica de elaborar un abono fermentado Bocashi.

A continuación, será o xantar de «traxe e escote» que permitirá aos participantes intercambiar experiencias e compartir a comida preparada por cada asistente, e despois arrancará a práctica de elaboración de biofertilizantes líquidos. A inscripción é gratuíta, pero cada persoa efectuará unha aportación consciente, a dotación voluntaria que considere oportuna, destinada a gastos de materiais e desprazamento.

Para participar no encontro, na Finca Familiar Medáns nº6, Setados (As Neves), os interesados deberán anotarse no correo [email protected], ou contactando co número de teléfono, 646-076-287.

También te puede interesar