RGPD - Cookies
Galicia

O litoral galego, en alerta desde este martes por ondas que chegarán aos 7 metros de altura

O litoral da Coruña e de Pontevedra estará este martes, 11 de novembro, en alerta laranxa por ondas do noroeste de entre 5 e 7 metros de altura.

Segundo MeteoGalicia, unha borrasca situada ao sueste de Irlanda levantará ondas que chegarán a Galicia como mar de fondo de entre cinco e sete metros, con ventos intensos pola tarde.

Así, a partir do mediodía deste martes o aviso será laranxa no litoral da Coruña e Pontevedrae, dende as 6 da tarde, a alerta será amarela na Mariña lucense con ondas do noroeste de entre 4 e 5 metros de altura.

 

También te puede interesar