Vigo al día

EducaTeatro trae a Vigo, o musical “Os tres porquiños”

´Os tres porquiños`Imaxe: EducaTeatro Producións

Tras esgotar as entradas para os dous pases este domingo en Vigo de ‘Os tres porquiños’, ás 12 e ás 17 horas, a nova función infantil será ás 19 horas, no Teatro Salesianos. A produtora viguesa, Educateatro Producións®, levará o seu espectáculo a diversas localidades na xira de outono e Nadal.

A obra dirixida a nenos a partires de 2 anos, é unha adaptación da tradicional fábula para os tempos actuais con personaxes a tamaño real. Xan, un explorador afeccionado aos contos, bailará ao ritmo das cinco cancións que compoñen o espectáculo de 50 minutos, cunha misión didáctica para os máis cativos do fogar.

Cun prezo de 6€ máis gastos de xestión, as entradas pódense adquirir por Internet, no 902-504-500 ou na taquilla do teatro. Na súa xira, o espectáculo chegará en novembro a Vilagarcía de Arousa (o 16) e a Santiago de Compostela (o 30). Para o próximo mes, actuarán en Pontevedra, Monforte de Lemos e Cangas, ademais de Lugo, Ourense e Tomiño.

También te puede interesar