Galicia

O alcalde do Concello de Santa Comba, Antonio Landeira, dimite por motivos persoais

Antonio Landeira Gallardo. Imaxe: Concello de Santa Comba

Por comunicado, o alcalde do Concello de Santa Comba, Antonio Landeira Gallardo, anuncia que deixa o seu cargo por cuestións persoais, sen aludir a motivos políticos. O rexedor engadiu, que renuncia a ser candidato á alcaldía nas próximas eleccións.

Landeira agradece a «confianza e comprensión» da veciñanza. A despedida ven marcada pola «satisfacción de que puxen todo o meu esforzo en defender os intereses xerais dos veciños do pobo e en traballar polo beneficio común».

Ante os actuais procesos de corrupción, o rexedor apuntou que «Gustaríame que todos os políticos que están imputados en procesos xudiciais actuasen con coherencia e nun xesto de hixiene democrática optasen por renunciar inmediatamente aos seus cargos«. De maneira provisional, o seu posto será cuberto pola tenente alcalde, María Pose Rodríguez.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.