RGPD - Cookies
Vigo al día

Podemos Vigo empeza a organizarse a nivel local

Podemos Vigo elixirá, este domingo (7 da tarde no café ‘De catro a catro’), un ‘equipo técnico’, formado por sete persoas, encargado de organizar as eleccións ao seu Consello Cidadán e Secretaría Xeral.

Este equipo técnico terá, entre as súas funcións, abrir o próximo 16 de novembro a recepción de candidaturas aos órganos representativos e deberá elaborar un «preborrador organizativo municipal» que servirá deguía aos candidatos; terá que impulsar un proceso constituínte municipal e por en funcionamento os medios telemáticos e presenciais que «garantan a participación e a transparencia».

 

También te puede interesar