RGPD - Cookies
Comarcas

En Rivadavia, imputan a un matrimonio sesaxenario por finxir 7 atropelos

O matrimonio formado por F.R.A. de 64 anos; e M.C.M. de 62 anos; foron imputados por finxir 7 atropelos para conseguir as indemnizacións. Os presuntos autores de estafa continuada e falsidade documental, contaban a maiores con dous cómplices, I.B.A. e F.F.R., para simular 2 sinistros e repartirse a cantidade obtida.

No modus operandi, F.R.A. situábase detrás do turismo cando o vehículo maniobraba marcha atrás, quedando tendido no chan no momento que o condutor baixaba do turismo. A execución foi repetida ata en catro ocasións, máis unha vez, cun ciclomotor. Pola súa banda, M.C.M. simulou os atropelos dúas veces.

Nese día non acudían ao hospital, sen embargo na xornada seguinte avisaban ao condutor das dores, para que contactase coa súa compañía de automóvil. A parella recibía o diñeiro das aseguradoras e doutras empresas, nas que contrataban seguros de accidentes.

 

También te puede interesar