Galicia

Convocadas 250 prazas para o programa ‘Xuntos polo Nadal’ para [email protected] de máis de 60 anos

A Consellería de Traballo e Benestar ven de convocar 240 prazas para participar no programa ‘Xuntos polo Nadal’ dirixido a aquelas persoas maiores de 60 anos que a atopas soas e queiran pasar o Nadal en compañía.

O programa ten lugar entre o 23 de decembro e o 2 de xaneiro nas residencias de tempo libre de Carballiño -para os residentes nas provincias de Pontevedra e Lugo-; e na de Panxón – para os maiores da Coruña e Ourense. Cada localización contará con 120 prazas.

O prazo de inscrición rematará o próximo 15 de novembro. Poderán participar as persoas maiores de 60 anos residentes en Galicia, que se poida valer por se mesmos, non padezan unha enfermidade contaxiosa activa non trastornos mentais ou de conduta que poidan alterar a convivencia.

Para a selección dos participantes darase prioridade aos que viven sós e non teñan con quen pasar estas datas, a aqueles que teñan un menor nivel de ingresos económicos, non participasen este ano en ningunha quenda do programa de Benestar en balnearios nin en pasadas edicións desta iniciativa.

O programa recolle o aloxamento e manutención en réxime de pensión completa durante 11 días. A saída dende os puntos de orixe (Santiago, A Coruña, Ferrol, Pontevedra, Vigo, Lugo e Ourense) realizarase o día 23 de decembro pola mañá e o regreso será o día 2 de xaneiro despois de comer.

Os solicitantes cuns ingresos inferiores ao Iprem -532,51 €- asistirán de forma gratuíta a esta iniciativa e o resto de participantes colaborarán co pagamento da estanza cunha achega de 50 €.

As solicitudes poden presentarse nos servizos sociais comunitarios dos concellos, no servizos sociais de atención primaria de saúde, nas xefaturas territoriais e nos centros sociocomunitarios dependentes da Consellería de Traballo e Benestar.

 

También te puede interesar