Cultura

#senxornalistasNonhaiXornalismo, a plantilla do Diario de Pontevedra decide ir á folga

O Diario de Pontevedra, propiedade do Grupo El Progreso, despediu a sete traballadores fixos e tres bolseiros, despido que foi comunicado aos afectados no mesmo día, por teléfono-nalgún caso nunha chamada á nai dun deles-.

Esta medida prodúcese ao mesmo tempo que os traballadores están nun Expedente de Regulamento de Emprego (ERE) temporal ata o 2016 e unha semana despois de que membros del grupo El Progreso reuniranse con representantes da plantilla para comunicarlles que a situación económica mellorara logo de que aumentase a venda de publicidade.

Segundo informan varias fontes, a responsable de Recursos Humanos do Grupo El Progreso estivo en Pontevedra para comunicar os despidos, o cal sorprendeu aos representantes do persoal logo de que se lles comunicara que aumentase a venda de publicidade e, ainda máis, polo feito de que este grupo é o terceiro que máis cartos recibe da Xunta.

Ante estos despidos, os traballadores decidiron, en asamblea, ir á folga o que suporía que dende o día 5, e ate que a dirección del grupo El Progreso non se se sente a negociar, o xornal non saia á rúa.

 

También te puede interesar