Vigo al minuto

Podemos Vigo elixe aos seus candidatos á dirección estatal

O círculo vigués de Podemos celebrará este domingo na cidade- Café de Catro a Catro ás 7 da tarde- unha asemblea aberta a todos os cidadáns, na que elixirá ás persoas que se presentarán a mediados de novembro como candidatos ás primarias abertas do partido, nas que se elixirá secretario xeral, e aos membros do Consello Cidadán e da Comisión de Garantías Democráticas.

Poderá presentarse como candidato en Vigo, de forma individual ou en lista aberta, calquera cidadán maior de 16 anos: parta poder facelo deberán enviar un correo electrónico cos seus datos persoais a [email protected] antes do mediodía deste sábado.

Os candidatos disporán de entre 5 e 10 minutos para presentarse e defender as súas propostas na asemblea tras o que dará comezo unha quenda de preguntas que finalizará coa votación.

Os elixidos, competirán cos candidatos seleccionados polos demais círculos de Podemos no Estado, e optarán a ser elixidos como membros dos órganos de representación do partido, os resultados do cal se darán a coñecer o próximo 15 de novembro.

 

También te puede interesar