Vigo al minuto

Besteiro anuncia en Vigo que terá unha xuntanza con Feijóo o día 5

Besteiro e Feijóo, hai pouco menos dun ano

O secretario xeral dos socialistas de Galicia e o presidente da Xunta reuniranse en Compostela o vindeiro día 5. Así o adiantou, este xoves en Vigo, José Ramón Gómez Besteiro. Segundo o líder dos socialistas galegos, na xuntanza reiterará a Feijóo o pacto pola transparencia política e administrativa que xa plantexou no debate do estado de Galicia.

A xuntanza entre os sous será na sede do Goberno, en San Caetano, e nela os dous falarán de “propostas estratéxicas para Galicia, como a situación económica”, ademáis falarán da renovación de cargos na Radio Televisión de Galicia, o Consello de Contas e do Valedor do Pobo.

 

También te puede interesar