Galicia

A pensión galega é a segunda más baixa do Estado, con 737 euros de media

En Galicia, a pensión media subiu ata os 737,04 €, un 1,9% máis en comparación a outubro de 2013, situándose como a 2ª comunidade coa pensión máis baixa de España, por detrás de Extremadura con 734,39 €. Segundo o Instituto Nacional da Seguridade Social, as pensións galegas medraron 748.365 este mes (un 0,9%).

A cuantía máis elevada atópase en A Coruña, con 777,47 € de media (1,9%) e 287.617 pensionistas; a continuación, Pontevedra dotada con 776,34 € (1,8%) e 231.668 persoas; Lugo alcanza os 653,78 € (1,8%) e 119.638 cidadáns; e Ourense chega aos 638,64 € (1,6%) e 109.442 beneficiarios. Os pensionistas incrementáronse na mayoría das provincias galegas, excepto en Lugo con un 0,2 de caída.

En outubro, a pensión media da xubilación alcanzou os 833,10 €; en viuvez, os 528,10 €; por incapacidade permanente, 808,43 €; en orfandade dotouse de 363,62 €; e a favor de familiares rexistrou os 467,26 €. A nivel estatal, a pensión media situouse en 874,35 €, un aumento interanual do 1,7%, superaron esta cifra o País Vasco, Madrid e Asturias con máis de mil euros de media; seguidas de Navarra, Aragón, Cantabria, Cataluña e Ceuta.

 

También te puede interesar