Galicia

Dous mortos e 71 feridos nas estradas galegas a pasada fin de semana

O 061 asistiu durante a fin de semana a un total de 71 persoas debido a 52 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas entre as 3 da tarde do venres e a medianoite deste domingo. O maior número de atencións por sinistros rexistráronse o sábado con 21 accidentes.

A Central de Coordinación do 061 recibiu nestes días 58 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 52 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 71 persoas. Por provincias foron Pontevedra e A Coruña as que rexistraron máis accidentes con 21 sinistros de tráfico respectivamente durante os desprazamentos destas datas.

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 65. Así, a ambulancia medicalizada acudiu a cinco sinistros, o helicóptero medicalizado asistiu a unha persoa, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 53 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en cinco ocasións. As ambulancias convencionais mobilizáronse nunha ocasión.

En 58 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes e en 11 ocasións foron atendidos no propio lugar do incidente sen necesitar traslado e dúas persoas faleceron no lugar do sinistro.

 

También te puede interesar