Galicia

En Galicia, a tarifa plana de 100€ xerou máis de 6.900 contratos

En total 6.910 galegos beneficiáronse da tarifa plana de 100€ para contratos fixos, iniciativa posta en marcha dende o 25 de febreiro. A nivel nacional, o número ascendeu aos 148.682 traballadores, segundo as cifras do Ministerio de Empleo.

A iniciativa permite as compañías contratar empregados cotizando 100€ mensuais á Seguridade Social por continxencias comúns durante os dous primeiros anos. A ‘tarifa plana’ suporía nun xornal bruto ao ano de 20.000€, un aforro para as empresas de 3.520 € en doce meses na cotización por cada novo traballador.

As comunidades con maior número de traballadores contratados son Cataluña (31.559), Madrid (30.629) e Andalucía (18.990). Na inversa, as áreas con menos beneficiarios, A Rioxa (992), Ceuta (35) e Melilla (19).

 

También te puede interesar