Galicia

Piden 5 anos de cárcere para o director dun banco por apropiarse de 347.000 € dos clientes, en Allariz

En Allariz, o exdirector do Banco Santander Hispano, M.R.V., foi acusado dun delito continuado de falsidade en documento mercantil, beneficiándose de 347.015€ dos clientes, dende 1999 a 2002. O fiscal de Ourense solicita para o exdirectivo 5 anos de cárcere e 6.600€ de multa, ademáis de indemnizar ao banco co diñeiro apropiado xunto a 25.000 € de intereses.

En total, 5 clientes perxudicados que ingresaban os seus cartos en contas a prazo fixo. O exdirector engadía unha parte ao seu patrimonio de forma irregular, ante o descoñecemento dos clientes e da sucursal en 1992, 1998 e no 2002. Segundo a acusación particular, o acusado realizaba os ingresos “ben directamente ou ingresándoo en contas da súa esposa e a nai desta“.

A acusación indica que o exdirectivo, con 23 anos de traballo na sucursal, minimizou os importes descubertos, que alcanzan “os 875.533 €, que foron reembolsados no seu día polo banco aos clientes defraudados e prexudicados”. Por iso, a entidade bancaria pide 6 anos de cárcere, así como devolver ao banco o diñeiro que aportou aos perxudicados con intereses. O xuízo terá lugar en Ourense na Audiencia Provincial o 27 e 28 de novembro.

 

También te puede interesar