RGPD - Cookies
Galicia

Prisión para 6 dos 9 detidos en Marín por introducir, supostamente, un alixo de 50 quilos de cocaína

O titular do Xulgado do Instrución Número 8 de Vigo decretou o ingreso en prisión, comunicada e sen fianza, para seis dos nove detidos na operación na que se interviñeron máis de 50 quilos de cocaína nun colector con froita que chegou ao Porto de Marín.

A Antonio B.I.considerado o líder da organización; o seu chofer, Jesús M.; Alejandro V.; un veciño de Cangas, Álvaro C.S.; Juan L.P.; e o empresario Alexander S. impútaselles un suposto delito contra a saúde pública por tráfico de drogas e outro de pertenza a grupo criminal.

Os seis imputados, que pasaron a disposición xudicial na mañá deste venres e, a excepción de Álvaro C.S., acolléronse ao seu dereito a non respostar ás preguntas do Fiscal e do xuíz ao estar as actuacións baixo segredo e descoñecer os detalles da causa.

A Álvaro C.S., a Fiscalía atribúelle a súa participación nun grupo organizado dedicado ao narcotráfico, no que faría labores de apoio loxístico e de informante. A pesar de que se lle exhibiron varias fotografías de reunións, negou a súa participación nos feitos, e solo admitiu que coñecía, por motivos profesionais, a Alexander S., con quen lle detiveron.

 

También te puede interesar