RGPD - Cookies
Galicia

Unha onda de 27,81 metros, medida pola boia de Cabo Vilán, a máis alta da historia en augas estatais

A Rede de boias de Augas Profundas de Portos do Estado mediu a onda individual «máis alta nunca rexistrada en augas do Estado», que se correponde co dato tomado na costa galega de 27,81 metros de altura en Cabo Vilán o pasado inverno.

Así o destacou este mércores Portos do Estado, que lembra que os temporais do pasado inverno «foron especialmente severos en augas atlánticas».

En concreto, o 6 de xaneiro de 2014, a boia de Vilán-Sisargas – no Cabo Vilán- mediu unha onda individual de 27,81 metros de altura, de val a cresta. A anterior marca tíñao a boia Augusto González Linares, do IEO, con 26,13 metros cerca de Santander, que se mediu ao paso da cicloxénese explosiva Klaus o 24 de Xaneiro de 2009.

Deste modo, a galega é a «primeira freak wave -onda xigante- que se mide polas boias de Portos do Estado cun altura superior aos 20 metros».

 

También te puede interesar