Comarcas Vigo al día

O bispo de Tui-Vigo, cesa ao presidente da ‘Asociación San Miguel Arcángel’ por supuestos escándalos sexuais

O bispado de Tui-Vigo apartou o fundador e presidente da ultraconservadora asociación pública de fieis de dereito diocesano ‘Orde e Mandato de San Miguel Arcángel’, Miguel Rosendo, tras recibir acusacións pola súa “conduta moral”– ao parecer logo de investigar varias denuncias de prácticas de abusos sexuais – segundo a información pendurada pola diocese na súa páxina web e que foi adiantada polo diario ‘El Mundo’.

O comunicado sinala que en decembro de 2012 chegaron a coñecemento do bispo de Tui-Vigo unhas “supostas irregularidades” cometidas polo fundador e presidente da asociación e por algúns dos seus membros.

Por este motivo, en maio de 2013, conforme a lexislación canónica e aos estatutos da propia asociación, o bispo nomeou un ‘visitador canónico’ para solicitar información sobre ‘Orde e Mandato’, sobre o estado de vida e apostolado dos seus membros e acerca do goberno e a observancia dos Estatutos.

En marzo de 2014, tendo en conta as conclusións do informe realizado polo visitador canónico, no que se reiteran as supostas acusacións en torno á conduta moral do fundador, o bispo decidiu “apartalo cautelarmente de todas as súas funcións”. No seu lugar, nomeou un ‘comisario extraordinario’ con funcións, por tempo indefinido, de presidencia e goberno.

Segundo informa a diocese, en Asemblea Extraordinaria celebrada o 16 de abril de 2014, deuse a coñecer esta decisión aos membros da asociación e, a partir desa data, “un grupo significativo de membros, tanto polo seu número coma polas responsabilidades que exercían, entregaron por escrito a súa parte de baixa como asociados, deixando de pertencer á devandita ‘orde’.

 

También te puede interesar