Galicia

Tráfico empeza este luns en Galicia unha campaña nas estradas convencionais

A Dirección Xeral de Tráfico (DGT) empezar este luns unha nova campaña nas estradas ‘convencionais’ coordinada polos xefes provinciais das catro provincias. A campaña durará toda a semana, ata o domingo, día 26, como ven de confirmar a Delegación do Goberno.

O obxectivo é o de mellorar a seguridade vial e conquerir “comportamentos máis seguros”, nas estradas normais. De feito, dacordo cos datos de Tráfico, o ano pasado, o 42 % dos accidentes con mortos producíronse en vías interurbanas e, nelas, o 73% de todos os falecidos.

Os paneis de sinalización e as pantallas dos coches da Garda Civil de Tráfico advertirán aos conductores, sempre que sexa posible, da existencia de controis.

Na pasada campaña- realizada entre o 21 e o 27 de outono de 2013- se controlaron 46.170 coches dos que se multou a 1.718: en total 978 por exceso de velocidade, 144 por viaxar sen o cinto de seguridade e 121 por conducir con taxas de alcohol non permitidas.

 

También te puede interesar