Galicia

Memoria da Fiscalía: en Galicia baixan os delitos…agás os de corrupción que medran un 21%

Os casos de corrupción en Galicia aumentaron en 2013 ata os 184 delitos incoados, o que supón un 21 % máis que no ano anterior, segundo recolle a Memoria da Fiscalía, en contra, o total de procedementos penais tramitados por delito descendeu un 6,34 %.

Segundo o fiscal Superior de Galicia, máis da metade dos delitos incoados relacionados coa corrupción teñen que ver coa prevaricación administrativa, seguidos do branqueo de capitais e o tráfico de influencias.

AInda que foron incoados 184 delitos de corrupción, o fiscal xefe Varela indicou que  foron  levados a xuízo con escrito de acusación do Ministerio Fiscal un total de 26, o 14% do total e 10 foron sentenciados, algo que é un ‘éxito’ porque son un 25% máis que en 2012.

Dos delitos de corrupción incoados o ano pasado, a prevaricación administrativa supuxo preto do 57% do total; o branqueo de capitais, o 13,%, e o tráfico de influencias, o 12,5%. En canto aos que houbo unha cualificación por parte da Fiscalía, o branqueo de capitais representou o 26,92 %; o mesmo que a prevaricación administrativa,e a malversación o 19,23 %.

Curiosamente, fronte a este aumento de delitos de corrupción, destaca a baixada no total de procedementos penais tramitados por delito, cunha cifra global de 247.655, o que representa un descenso de máis do 6 % en relación co ano 2012.

 

También te puede interesar