Vigo al día

Feijóo asegura que o novo hospital estará funcionando o verán que ven

Feijóo, este xoves, nas obras do novo hospital

As obras do novo hospital de Vigo finalizarán no primeiro semestre de 2015, “co que se cumprirá o compromiso da Xunta de facer o hospital máis grande de Galicia cumprindo os tempos previstos”. Esto foi o que asegurou este xoves, durante unha visita ás obras do novo hospital o presidente da Xunta.

Feijóo subliñou que o novo centro hospitalario atenderá a 600.000 persoas de Vigo e a súa área e se converterá “na infraestrutura de cabeceira do Servizo Galego de Saúde e de todo o sistema estatal de saúde”.

Na actualidade, nas obras do hospital están a traballar 1.100 empregados en tres quendas co fin de cumprir co prazo da entrega formal, que está previsto para o primeiro semestre de 2015. Así mesmo, o presidente do goberno galego indicou que o centro empezará a equiparse antes de que conclúan as obras.

Desta forma, o traslado do material, pacientes e profesionais dende o Hospital Xeral efectuarase nun período de entre 12 e 15 semanas, co obxectivo de que o novo centro estea en funcionamento no verán de 2015. Ademais, dende xullo, os pacientes poderán acudir ás consultas externas do hospital de Beade.

Feijóo adiantou que nestes momentos se está a concretar o equipamento que fai falta no centro e, de feito, comunicou que xa foi licitado por 5,2 millóns de euros o primeiro de oito lotes de equipos, que en total requirirán dun investimento de 45 millóns.

O novo centro terá 1.500 camas, “co que o Complexo Hospitalario Universitario de Vigo disporá dun total de 2.000 camas en total” e no mesmo, a Xunta investirá 55 millóns de euros, cifra que será aprobada este venres nos orzamentos de Galicia para 2015.

 

También te puede interesar