RGPD - Cookies
Galicia

A Xunta recoñece que Galicia medrará este ano un 0,9% e non un 1,2% como adiantara hai uns meses

O Producto Interior Bruto (PIB) de Galicia medrará este 2014 un 0,9% e non un 1,2%, como anunciara o goberno galego hai uns meses. Así o comunicou este xoves a conselleira de Facenda  a representantes sindicais e da Confederación de Empresarios.

Nunha xuntanza para adiantarlles aos ‘axestes sociais’ os números dos orzamentos para 2015, que a Xunta aprobará este venres, Elena Muñoz indicou que a baixada no crecemento das exportacións e a desaceleración nas principais economías de Unión Europea, en especial as de Francia e Alemaña, facían necesario reconsiderar o devandito crecemento.

Segundo informou a sindicatos e patronos, en 2015 o PIB galego medrará, segundo as estimacións do Goberno galego, o mesmo que o PIB do Estado: un 2%, e o paro baixará do 22,6 ao 20,1%.

 

También te puede interesar