Comarcas

Arranca o ciclo de cine ´Cans todo o ano´, en O Porriño

Filme Encallados, de Alfonso Zarauza. Imaxe cedida por Festival de Cans

O domingo, 19 de outubro, comeza o ciclo audiovisual Cans todo o ano, coa proxección Encallados de Alfonso Zarauza. A cita será ás 19 horas na Sala Ingrávida, (en O Porriño), unha proposta que conta coa participación do Festival de Cans.

A entrada terá un custe 5 €, con dereito a consumición. Debido ao aforo limitado, a organización recomenda facer reserva previa, que poderá efectuarse a través do mail da sala [email protected] ou no teléfono 986-331-622, en horario de tarde.

Ás 12 horas do domingo, o público poderá conversar no local parroquial de Cans, co director da longametraxe, e os actores, Federico Pérez, de series coma Padre Casares; e Ricardo de Barreiro, de Matalalobos. No mediodía, os bares de Cans servirán coa bebida, un pincho chapapote encallado, inspirado na temática da película. A próxima cita de Cans todo o ano, será o 14 de decembro, co filme Costa da Morte do vigués Lois Patiño.

También te puede interesar