RGPD - Cookies
Comarcas

Persoal dos hospitais de Pontevedra esixe formación para afrontar posibles casos de ébola

A xunta de persoal dos hospitais de Pontevedra concentrouse este martes do Hospital Montecelo para amosar a súa solidariedade con Teresa Romero, enfermeira lucense afectada polo virus do ébola e, ao mesmo tempo, reclamar a inmediata posta en marcha de cursos de formación sobre como facer fronte a esta infección para os traballadores dos centros sanitarios da área norte.

Precisamente, este martes, os traballadores e o comité de seguridade laboral foron citados para manter a primeira charla informativa no devandito hospital, a primeira reunión oficial que se desenvolve en na capital pola crise do ébola.  Anteriormente celebrárase unha charla para persoal de limpeza e o servizo de urxencias, pero a través de persoal do centro e este xoves, día 16, está prevista a segunda.

O persoal reclama que se lle deixe claro cómo debe actuar en caso de que apareza un caso: se deben pechar un PAC no que poida detectarse a presenza dun paciente coa infección do virus, información sobre como quitar o traxe ou saber qué espazos deben empregarse. Ademáis, os profesionais tamén queren comprobar a calidade dos novos traxes de prevención que repartiu o Servizo Galego de Saúde.

 

También te puede interesar