Comarcas

Pais e Nais do Colecio Manuel Suárez Marquier, de O Rosal, abandonan o peche no centro

A Asociación de Nais e Pais do Colexio Manuel Suárez Marquier de O Rosal decidiron, nunha asamblea, suspender o peche que mantiñan no propio centro para reclamar un novo profesor que, segundo defenden, correspóndelle ao centro polo número de alumnos.

Agora, segundo os membros do ANPA, iniciarán novas medidas de presión, a primeira delas concentrarse os xoves ás 8 e media da tarde diante do Concello para que o alcalde faga todo o posible para que as nais e país teñan unha xuntan co Xefe Territorial de Educación da Xunta, César Pérez Ares. Ademáis recollerán sinaturas dos traballadores do Concello e organizarán unha marcha cicloturista.

 

También te puede interesar