RGPD - Cookies
Deportes

Un ano máis, chega a Carreira Popular Vigo+11

Na súa novena edición, a Carreira Popular Vigo+11 terá lugar ás 11 horas e 11 minutos, do domingo 9 de novembro. Cun percorrido de 11 kms, os deportistas partirán de Praza Compostela, recorrendo Montero Ríos, Colón, Areal e García Barbón, entre outras áreas da cidade.

A cuota de incrición é de 5€, pode formalizarse por vía online, en www.cronotec.es, ou na planta deportiva de El Corte Inglés. O prazo remata o 5 de novembro. A entrega de dorsais será o sábado, 8 de novembro, dende as 11 ata as 14 horas, e a partires das 17 ás 21 horas, na planta de deportes do centro comercial. O mesmo día da carreira, poden recollerse na zona de saída, de 9 a 10 e media.

A competición, incluida no circuito de carreiras populares do Concello de Vigo, dispón de 6 categorías: Juvenil/Junior, Promesa/Senior, e modalidades de Veterano. Haberá premios en metálico, que oscilan dende os 50 € ata os 150 €. Segundo o reglamento, o tempo máximo para completar a carreira é de 1 hora e 20 minutos.

 

También te puede interesar