Vigo al minuto

O venres,´Matanza´ en Vigo, unha obra teatral da compañía Triatreros

Imaxen: http://www.triatreros.com/

Vigo prepárase para recibir Matanza, unha comedia viscerales que chegará ó Auditorio Municipal do Concello, este venres 10 de outubro. A obra, a cargo da compañía Triatreros, que comezará ás 9 da noite, inclúese na programación municipal de artes escénicas, ‘Vigocultura’, que inclúe actuacións musicais, de danza e teatro, ata decembro.

O texto de Roberto Salgueiro, baixo a dirección de Beatriz Campos, preséntanos a dous porcos xusto antes de ser acoitelados polo matachín, que falan e senten como calquera de nós. Dous irmáns que tomaron camiños diferentes e agora teñen que compartir as súas derradeiras horas de vida.

O público pode adquirir a entrada a 8€, no despacho de billetes do Auditorio, unha hora antes do comezo do espectáculo; ou en venta anticipada en servinova.com. Outras opción, son o número de teléfono, 902.504.500; ou acudir á Central de Espectáculos. O domingo, 12 de outubro, a compañía actuará no Teatro Colón, en A Coruña, a partires das 19 horas, o prezo das entradas oscilará entre os 6€ e os 8€.

 

También te puede interesar