Vigo al minuto

Milleiros de persoas manifestanse en Vigo contra os recortes e a privatización da sanidade pública

A manifestación saindo do Xeral cara a Porta do Sol/Tresyuno Comunicación

Máis de 5.000 persoas atenderon a convocatoria dos traballadores do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI) e saíron á rúa este xoves. Pasadas as 8 da tarde, diante do Hospital Xeral tras unha pancarta co lema ‘ Pola Sanidade Pública’, os manifestantes, berrando ‘Hai culpables e non son Teresa’ – en referencia a enfermeira de Becerreá contaxia de ébola e internada no Hospital Carlos III de Madrid- denunciaron a privatización e os recortes na sanidade dos que culparon á Xunta.

Apoiada por todos os sindicatos, mesmo polo alcalde, que acudiu acompañado pola tennte de alcalde e deputada Carmela Silva e varios concelleiros, a manifestación tivo como obxectivo sinalar o deterioro da atención aos enfermos, un deterioro que “débese aos recortes en medios e en persoal e ao traspaso da sanidade pública a mans privadas, para que fagan negocio coa nosa súde”.

Os representantes dos traballadores lembraron que en Vigo péchanse áreas de atención- como o ambulatorio de Beiramar-camas nos hospitais Xeral e Meixoeiro, privatízanse servizos, e recórtase en persoal, “máis dun 14% en so dous anos”. Elo, subliñaron, tradúcese en listas espera que, no caso da cidade, “son xa intolerables”, superando os 20.000 doentes.

 

También te puede interesar