Comarcas Galicia

Remata a folga en Tréves

Os traballadores de Tréves aprobaron este mércores nunha asamblea que durou 5 horas, suspender a folga indefinida na que levaban dúas semanas e que paralizou varios turnos da producción de Citroën. A plantilla volverá ao traballo- na nave do O Campiño- este xoves ás 6 da mañá.

O acordo recolle melloras salariais cunha suba de soldos do 15% para os novos empregados e un 8% para os máis veteranos. Ademáis, cada traballador terá 21 días seguidos de vacacións no verán e, polo que se refire á carga de traballo: todo o que asine Tréves de Citroën irá á fábrica de O Campiño

A estos puntos súmase outro máis: a empresa non despedirá a ninguén durante 3 anos, pero xa que a central de Tréves en Francia entende que sobra persoal, a plantilla sumirá Expediente de Regulamento de Emprego (ERES) que serán suspensivos, non extintivos.

 

 

También te puede interesar