Vigo al minuto

As axudas municipais para vivenda, luz e gas e comida, empezarán a pagarse a semana que ven

Unha Xunta de Goberno extraordinaria do Concello aprobou este mércores a convocatoria de axudas extraordinarias para familias, que beneficiará a 1.253 solicitantes. Segundo os datos facilitados polo alcalde, Máis de 901.000 € -dos que poderán beneficiare unha 1.000 familias- serán para pagos de hipoteca ou aluguer-163.325 € se empregarán no pago de atrasos no aluguer ou hipoteca e outros 738.338 servirán para abonar os meses de outubro, novemebro e decembro-; 204.000 € serán para electricidade e gas e outros 695.000 van destinados á adquisición de alimentos. As cantidades a percibir varían en función dos ingresos, o número de membros da unidade de convivencia e de ter ou non hipoteca ou aluguer.

Polo que atingue aos 204.000 € para electricidade e gas, os mesmos beneficiarán a 884 fogares, que recibirán un importe máximo de 250 €. Por último,694.307 € serán entregados nas chamadas “tarxetas da dignidade” a 755 familias para a adquisición de alimentos.

O alcalde aclarou que unha familia pode resultar beneficiaria de axudas so para vivenda, para vivenda e enerxía ou tamén para vivenda, enerxía e alimentos, dependendo do baremo dos técnicos. Os pagos aos beneficiarios empezarán a semana que ven, no Concello, en turnos de 200 diarios.

O Concello recibiu 1.971 solicitudes de axuda, das que 718 foron desestimadas por incumprimento das bases da convocatoria, principalmente por superar o máximo dos ingresos requeridos, por erros na documentación e por incumprir coa antigüidade no padrón municipal.

 

También te puede interesar