Deportes

Aberta a inscrición para o Medio Maratón de Pontevedra

Na súa décima novena edición, o Medio Maratón de Pontevedra, mantén en aberto o periodo para anotarse na carreira de 21 kms, nun circuíto urbano con saída dende a ponte dos Tirantes, o 19 de outubro ás 11 horas, finalizando no Centro Galego de Tecnificación Deportiva (C.G.T.D.) en Pontevedra. Os atletas poderán participar en categorías individuais ou en equipo mixto de 3 persoas, integrado por competidores de distintos sexos. Ambas categorías formalizarán a inscrición cun custe de 20 € por corredor, vía online ata o vindeiro martes14 de outubro.

De maneira solidaria, os deportistas que o desexen, poderán colaborar co Comedor Social de San Francisco entregando un produto alimenticio non perecedeiro, cando recollan o seu dorsal no Pavillón Universitario, o venres 17, de 17 a 20:30 horas; o sábado 18, de 10:30 a 13:30 horas; ou o día da proba, de 8:30 a 10 horas.

O percorrido de recoñecemento previo, no que se xuntan os deportistas días antes da competición será o luns, 13 de outubro, con inicio ás 20:30 horas dende o Centro Galego de Tecnificación Deportiva. Para o evento deportivo, a organización facilita mediante reserva previa e de pago, un autobús dende Santiago de Compostela e A Coruña. Para reservar plaza, terán que facelo xunto a inscrición. Ante as dúbidas, o teléfono de contacto é o 986-855-339.

 

También te puede interesar