Vigo al día

Seis do Nadal – Coia visita no inicio de curso aos alumnos do Colexio Celso Emilio Ferreiro

 

Alumnos de 6º de Educación Primaria no Torneo 3x3 Interclases. Imaxe cedida Área Deportiva Seis do Nadal-Coia

Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia organizou na primeira semana do mes de outubro a terceira edición do Torneo 3×3 Interclases no Colexio Celso Emilio Ferreiro, coa colaboración da área de Educación Física do centro, no barrio de Coia.

Os alumnos das clases de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria participaron no evento deportivo co obxectivo de coñecer a práctica do baloncesto, que se desenvolve dous días á semana. En total, preto de 150 nenos participaron na nova edición, divididos en equipos, coma Os 4 guerreiros, Controlabolas, Os reis do baloncesto, Barça, Canastra e O raio do balón, sendo o combinado de Scarymovie o equipo campión da xornada, de 6º curso.

A cargo dun grupo de adestradores da entidade de Coia, os estudantes coñeceron as normas de xogo e os fundamentos básicos deste deporte. No inicio do novo curso escolar 2014/2015, o Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia visitou ademáis, aos alumnos de 3º de Educación Primaria do mesmo centro, desenvolvendo xogos de iniciación ao baloncesto, nas clases de Educación Física.

También te puede interesar