Galicia

En Galicia, 68 persoas asistidas en 56 accidentes de circulación durante a fin de semana

Un total de 68 persoas foron asistidas en 56 accidentes de tráfico nas estradas galegas, dende as 15 horas do venres ata as 23:59 horas do domingo, segundo informa o 061-Galicia. O maior número de atencións por día foi o sábado, con 20 sinistros. Por provincias, A Coruña rexistrou 25 sucesos; seguido de Pontevedra, con 21 casos; Lugo contabilizou 7; e finalmente, Ourense, con 3 sinistros.

A Central de Coordinación de Urxencias Sanitaria, recibiu 64 alertas que xeraron máis de medio centenar de asistencias sanitarias, nun 70% homes, e o restante 30% mulleres, observando que o 35%, tiñan entre os 20 e os 34 anos.

Entre as víctimas, rexistrouse unha persoa falecida no lugar do sinistro. En 3 ocasións, os feridos foron atendidos no propio lugar do incidente sen necesitar traslado; e nos restantes 64 sinistros, trasladáronse aos centros sanitarios correspondentes. En conxunto, máis de 70 recursos sanitarios foron mobilizados polos médicos, que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061.

 

También te puede interesar