Comarcas

Porco, ti o vales

A Garda Civil investiga o roubo de 16 porcos, valorados en 2.800 €, dunha granxa do concello ourensán de Viana do Bolo.

Segundo o instituto armado, o feito prodúxose a primeira hora deste domingo nunha explotación que está na estrada de Edroso e que é propiedade de C.R.A.

A benemérita tenta aclarar o sucedido e de qué xeito poideron levarse os 16 animais que pesan, en total, máis dunha tonelada.

 

También te puede interesar