Vigo al minuto

A Audiencia Nacional xulgará dende o martes aos supostos responsables do atentado de 2012 en Monte Sampaio

A Sala do Penal da Audiencia Nacional xulgará, dende este martes día 7, a tres supostos membros de Resistencia Galega acusados de poñer dous aparellos explosivos nunhas antenas de telefonía e televisión, no Monte Sampaio, no ano 2012.

O fiscal pide 17 anos de cadea para Xurxo Rodríguez, Hector José Naya e Diego Santín por participación en organización terrorista e colocación de aparellos explosivos. A Fiscalía subliña queos tres acusados querían destruir as antenas” e para elo fabricaron dous aparellos que tiñan 1.440 gramos de pólvora e levaban botes de gasolina.

Segundo o Fiscal, José Naya foi, o  3 de agosto de 2012, ás devanditas antenas, xunto con Diego Santín, –“comprou o material, o combustible e a mecha de chisqueiro” -e puxo as bombas nelas. Como os aparellos non explotaron, fabricaron outros dous, que colocaron ao día seguinte. Estos sí funcionaron causando danos por valor de 11.197 €.

Logo do feito, segundo o fiscal, os acusados enviaron, dende un ciber-café de Pontevedra, un comunicado, por correo electrónico, a varios medios de comunicación.

“A Policía recolleu os  aparellos que non explotaron, e que poderían ter ocasionado lesión graves, mesmo a morte, a calquera que se atopase preto deles”.

 

También te puede interesar