RGPD - Cookies
Destacados

O detido en Santiago é un rapáz de 24 anos e està acusado da explosión en Baralla

O detido este venres en Compostela pola Garda Civil, R.A.C, de 24 anos, foi acusado de ser unha das persoas que puxo o artefacto explosivo no Concello de Baralla o pasado mércores. Segundo informa o Ministerio do Interior, o arrestado é veciño do concello lucense de Barreiros, anda que agora residía en Santiago.

Interior sinala que axentes da Unidade Central Especial número 2 do Servizo de Información da Garda Civil detiveron este venres ao mozo, que a súa presenza era habitual nas concentracións e mobilizacións convocadas en apoio aos presos independentistas galegos e que pertence á plataforma ‘Que voltem á casa’.

 

También te puede interesar