Ciencia y Tecnología Vigo al minuto

El científico vigués, David Posada, participa no estudo internacional que descubre o inicio da sida

EL Lazo rojo, símbolo internacional de la lucha contra el sida

Catedrático e xenetista da UVigoDavid Posada, foi o único científico de España inmerso no descubrimento internacional sobre o inicio e a expansión da sida. A conclusión do estudo: Kinshasa, capital da República Democrática do Congo, no 1920.

O avance do virus, que creou unha pandemia con 75 millóns de afectados, permite distinguir dous períodos, dende 1920 ata 1960, e a partires dese ano. Nunha primeira fase, as infeccións incrementáronse ata epidemia polo crecemento da poboación urbana, xunto ó fluir dos traballadores polo transporte no ferrocarril, no periodo colonial belga. Coa independencia do estado en 1960, entrou como causa do avance o comercio sexual, xurdindo focos complementarios da transmisión do virus.

O estudo, que contou con 14 investigadores europeos e norteamericanos, estivo coordinado polas Universidades de Oxford e de Lovaine. O proxecto foi publicado na revista Science.

 

También te puede interesar