Vigo al día

Este venres empeza no Auditorio do Concello ‘Vigocultura’

O venres, día 3, comeza a programación municipal de artes escénicas, ‘Vigocultura’, no Auditorio Municipal, coa obra “Odeim” da compañía Cienfuegos Danza. A obra comezará ás 9 da noite, e o prezo das entradas é de 8€; as mesmas están á venda anticipada en servinova.com, no teléfono 902.504.500, na Central de Espectáculos, así como no despacho de billetes do auditorio dende unha hora antes.

Como unha das novidades da programación deste trimestre, esta compañía contrátase a través de PLATEA (Programa Estatal de Circulación de Espectáculos de Artes Escénicas en Espacios de Entidades Locais), que ten como finalidade impulsar a programación conxunta coas compañías profesionais das artes escénicas polas entidades locais e o INAEM, para reactivar e enriquecer a programación cultural.

 

También te puede interesar