RGPD - Cookies
Galicia

Aumenta o número de mortos nas estradas galegas

O número de mortos en accidentes de tráfico nas estradas galegas no mes de setembro aumentou un 20 % con respecto ao mesmo mes do ano anterior, con 12 vítimas mortais fronte ás 10 de hai un ano.

Dacordo cos  datos difundidos pola Dirección Xeral de Tráfico (DGT), os falecidos estiveron implicados en 11 accidentes de circulación, tres máis que o setembro de 2013, o que supón un incremento da sinestralidade do 37,5 %.

O maior número de falecidos en estrada en setembro produciuse na provincia da Coruña, con cinco mortos, seguida de Pontevedra e Ourense, con tres vítimas mortais en cada unha. En Lugo foi unha persoa a que faleceu nun accidente de circulación durante o noveno mes do ano.

Do total destes accidentes mortais, sete foron saídas de vía. A maiores, en dous casos produciuse colisión e un dos vehículos resultou envorcado. Tres dos falecidos foron atropelados.

En relación ás vítimas, cinco eran maiores de 65 anos, tres tiñan entre 36 e 45 anos, dous entre 46 e 55 anos e unha entre 56 e 65 anos. Un dos falecidos tiña menos de 25 anos.

No que vai de ano, as estradas galegas rexistraron un total de 66 accidentes mortais, un 11,9 % máis que no mesmo período do ano anterior.

Por provincias, na Coruña producíronse 22 accidentes mortais, en Pontevedra 15, en Lugo os accidentes mortais, 17, incrementáronse un 240 %, e en Ourense duplicáronse neste período, ata os 12.

As vítimas neste período foron 69: exactamente, 23 persoas faleceron nas estradas da Coruña, 19 nas de Lugo -fronte ás 5 do ano anterior-, 12 nas de Ourense –un 71 por cento máis, e 15 na de Pontevedra.

 

También te puede interesar