Vigo al minuto

Vigo presenta a súa candidatura ao Premio Europeo de Accesibilidade

Vigo contenderá polo Access City Award- Premio Cidade Accesible que convoca a Unión Europea– e ao nacional Raíña Sofía de accesibilidade, segundo adiantou este martes o concelleiro de Fomento. David Regades indicou que Vigo é a única cidade galega que opta ao mesmo e competirá, dentro do Estado, con Barcelona, Valladolid, Valencia, Logroño, Elxe, Lleida ou Huesca.

O concelleiro fixo un relatorio das inversións municipais no que cualificou como “un proxecto integral e transversal de obras”, iniciado en 2008, no que se investiron 155 millóns de euros en total para mellorar a accesibilidade de máis de 500 rúas, o que representan preto de 150 quilómetros.

A meirande parte das devanditas rúas, subliñou o concelleiro, están xa rematadas, ainda que hai en marcha 80 actuacións, en diferentes lugares da cidade, cun orzamento conxunto de preto de 24 millóns e medio de euros.

Regades defendeu que, dende 2011, incrementáronse en máis dun 50% as prezas de aparcadoiro para persoas con discapacidade, chegándose ás 567 actuais; ademaís, seguiu, dende 2007, fixéronse 1.700 rebaixas nas aceras con pasos de peóns; hai 510  beirarruas máis ensanchadas, instaláronse semáforos acústicos intelixentes, colocáronse máis de 3.000 bancos, e “a flota de buses urbáns de Vigo é a única de Galicia que é 100% acesible”.

Entre os méritos de Vigo para poder optar aos dous premios, o concelleiro lembrou que  hai melloras de accesibilidade en instalacións públicas e 20 dependencias municipais, con un orzemnto que superou os 2,3 millóns, e está en execución o Plan de Mellora da Accesibilidade dos Percorridos Peonís, que abrangue 8 corredores urbanos, o primeiro dos cales, as escaleiras mecánicas dende a Porta do Sol a Abeleira Menéndez, “estará funcionando axiña”.

 

También te puede interesar