A Oficina de Dereitos Sociais de Coia califica de “desfeita” a nova Renda de Integración Social da Xunta

Segundo denuncia a Oficina de Dereitos Sociais de Coia, maila a que 1 de xaneiro deste ano entrou en vigor unha nova lei de Renda de integración social de Galicia (RISGA), a Xunta superou o prazo máximo de 6 meses para ter o decreto que desenvolva a lei e “mentres as de sempre sufrimos as consecuencias dunha lei moi condicionada pola escaseza de orzamento”.

Neste tempo, sinala esta asociación, a indeterminación, a interpretación restritiva da lei e o “non hai cartos” son os argumentos do Goberno galego para xustificar os retrasos e a falla de determinadas perestacións.

Entre elas poñe coma exemplo  a non aplicación do complemento de alugamento: a disposición final segunda da lei que entrou en vigor o 1 de xaneiro establece que os tramos de inserción e transición ao emprego non se aplicarán ata a aprobación do decreto. Outra cosa é o complemento de alugamento.

“Malia que a lei fixa que os tramos e contías de dito complemento desenvolveranse no decreto, non é menos certo que a disposición transitoria cuarta establece que mentres non estea, este complemento tería unha contía máxima de 53 €, polo que a día de hoxe podemos exixir o seu pagamento de cumpriren os requisitos”.

Todo isto, lembra a Oficina, é de aplicación para as persoas que presentaran as solicitudes de RISGA no 2014 , “ás que se lles aplica a nova lei”, aquelas persoas que entregaran a solicitude antes do 1 de xaneiro de 2014, ao igual que as que xa estiveran cobrando, comezarán coas contías e baremos fixados na nova lei no ano 2015.

 

También te puede interesar