Comarcas

Preparada a carreira de montaña,’Ruta dos Muíños de Samieira´

O próximo domingo, 5 de outubro, terá lugar por primeira vez o Trail Ruta dos Muíños de Samieira. A proba de montaña, organizada polo Club Atletismo Galaekia, propón un percorrido de 15 quilómetros, e un desnivel de 560 metros. A carreira comeza ás 10 da mañá, con saída dende a Praza de Alfredo Romay Besada de Samieira, no Concello de Poio.

Con máis de 18 anos, poderán participar deportistas repartidos nas categorías: absoluta; veteranas de 40 anos ou veteranos de 45 anos. As inscricións que pechan o luns, 29 de setembro, efectúanse mediante transferencia bancaria de 6€.

Haberá un trofeo para os 3 primeiros de cada modalidade; e na categoría absoluta, premios en metálico, ata os 100€. Para máis información, acudir ao club organizador, ou enviar as dúbidas ao correo,  [email protected].

 

También te puede interesar