Galicia

CCOO protesta contra a mesma indemnización de 20 días que o ‘sindicato’ aplica en Galicia

A Federación de Servizos á Cidadanía de Comisións Obreiras de Galicia ven de denunciar o despido de 6 empregados da compañía Auto-Res, que atendían o despacho de billetes de autobús en Pontevedra, Ourense e Vigo.

O ‘sindicato’ sinala que os traballadores foron substituídos por dispositivos automáticos de venda e adianta que a empresa convocou unha xuntanza coa representación sindical para o vindeiro 1 de outubro en Vigo, na que pretende tratar unha “modificación substancial” das condicións de traballo: rebaixar os salarios e modificar a xornada laboral.

Curiosamente, CCOO denuncia que Auto-Res “discrimina” a estes 6 traballadores “aos que  unicamente lles ofreceron vinte días de indemnización por ano traballado”, como recolle a Reforma Laboral do Goberno… unha ‘lei’ á que tamén se acolleu esta central en Galicia.

Hai que lembrar que hai un ano, CCOO de Galicia plantexou 9 despidos individuales aplicando o que chamaba a ‘lexislación vixente’, como xa fixera anteriormente con 18  traballadores do propio sindicato, pertencentes a  FOREM, cun ERE con compensacións de 20 días por ano traballado, as mesmas que se recollen na Reforma Laboral contra a que o ‘sindicato’ apoiou unha Folga Xeral en marzo de 2012.

 

También te puede interesar