Galicia

Actos da Plataforma Galega polo Dereito ao aborto, este domingo en toda Galicia

A Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto convoca parta este domingo, ás 12 e media, en  Santiago, Ferrol, A Coruña, Ourense, e Vigo, un acto reivindicativo, coincidindo co Día internacional dos dereitos sexuais e reprodutivos.

En Vigo será na explanada do mercado de Bouzas, para deixar craro  ao Goberno que “continúa en pé de guerra”, porque reivindica que o aborto “estea fóra do Código Penal” e,  ademáis,que “sexa seguro e na sanidade pública”.

O colectivo subliña que, maila a paralización da reforma do aborto e a demisión de Gallardón, “non está todo gañado” xa que “seguen atacando a liberdade e a dignidade das mulleres”, como os dereitos das menores de 18 anos que son “limitados por decisión dos seus pais”.

A plataforma reivindica a “soberanía das mulleres sobre os seus corpos e o dereito a decidir por si mesmas”.

 

También te puede interesar