Galicia

Os xubilados galegos, os que menos cobran

A pensión media en Galicia é de 736,02 €/Tresyuno Comunicación

A pensión media subiu un 1,8% en setembro en Galicia, respecto ao mesmo mes de 2013, e situouse en 736,02 €-un 84,3% da pensión media do Estado, que está en 873,2 €- e que deixa a Galicia no penúltimo lugar das comunidades,  tan só por enriba de Extremadura, onde é de 733,85 €.

Así reflícteno os datos publicados este xoves polo Ministerio de Emprego e Seguridade Social, que recollen, ademais, que o número de pensións aboadas asos galegos en setembro ascendeu a 747.377.

462.507 xubilados galegos cobran, de media, 831,53 €, a cantidade máis baixa por comunidades; por incapacidade permanente, 68.820 persoas perciben unha media de 808,53 €; mentres que por viuvez existen 186.804 beneficiarios dunha pensión media de 527,85 €.

Se ben a pensión media é de 736,02 €, a de orfandade e a de favor de familiares son moito máis baixas: 364,09 e 467,01 €, respectivamente, e recíbenas, no caso de orfandade 23.422 personas e a favor de familiares, 5.824 persoas.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.