Vigo al día

Protesta da Asociación Veciñal de Teis logo de que non deixen usar o Centro Cívico para un taller de maiores

Directivos da Asociación Veciñal de Teis (arquivo)/Tresyuno Comunicación

A Asociación Veciñal de Teis convocou este mércores unha concentración para denunciar que a entidade xestora do centro cívico s lles “impide” continuar realizando un taller para maiores de 65 anos. Membros da directiva salientou que o mesmo, logo de ser aprobado pola Concellería de Benestar, empezara en abril nestas dependencias municipais.

O taller, estivo parado no verán, polas vacacións- entre o 15 de xuño e o  15 deste mes- e foi cando se retomou no intre no que “apareceron atrancos por  parte da xestora”. A mesma, segundo os veciños, informoulles de que “non solicitamos o uso das instalación para esta actividade e logo engadiron que o auditorio non podía usarse porque estaba en obras”, algo que calificaron de increibel, “¡se estivemos usando as instalación de dende o 2 de abril ao 15 xuño!” e negaron que non haxa espazo para o taller porque varias das salas do centro están valeiras porque non hai actos nelas.

Os veciños sinalaron que o culpable é o goberno local que, denunciaron, “non so quere quitarlle a xestión do Centro Cívico á Asociación: tamén queren impedir que empreguemos calquera dos seus espazos”.

 

También te puede interesar