Vigo al minuto

Protesta da Asociación Veciñal de Teis logo de que non deixen usar o Centro Cívico para un taller de maiores

Directivos da Asociación Veciñal de Teis (arquivo)/Tresyuno Comunicación

A Asociación Veciñal de Teis convocou este mércores unha concentración para denunciar que a entidade xestora do centro cívico s lles «impide» continuar realizando un taller para maiores de 65 anos. Membros da directiva salientou que o mesmo, logo de ser aprobado pola Concellería de Benestar, empezara en abril nestas dependencias municipais.

O taller, estivo parado no verán, polas vacacións- entre o 15 de xuño e o  15 deste mes- e foi cando se retomou no intre no que “apareceron atrancos por  parte da xestora”. A mesma, segundo os veciños, informoulles de que “non solicitamos o uso das instalación para esta actividade e logo engadiron que o auditorio non podía usarse porque estaba en obras”, algo que calificaron de increibel, “¡se estivemos usando as instalación de dende o 2 de abril ao 15 xuño!” e negaron que non haxa espazo para o taller porque varias das salas do centro están valeiras porque non hai actos nelas.

Os veciños sinalaron que o culpable é o goberno local que, denunciaron, “non so quere quitarlle a xestión do Centro Cívico á Asociación: tamén queren impedir que empreguemos calquera dos seus espazos”.

 

Te podría interesar

Vigo al minuto
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerte la mejor experiencia de usuario posible. La información de las cookies se almacena en tu navegador y realiza funciones tales como reconocerte cuando vuelves a nuestra web o ayudar a nuestro equipo a comprender qué secciones de la web encuentras más interesantes y útiles.