Vigo al día

O BNG denuncia que non é certo, como di o alcalde, que todos os nenos teñan becas para libros e comedor

A voceira do BNG, Iolanda Veloso/Tresyuno Comunicación

A voceira do BNG no Concello asegurou este mércores que o alcalde non di a verdade cando asegura que ningún rapaz quedará sen beca para libros ou comedor e acusou a Abel Caballero de non cumprir os prazos lagais para comunicar a concesión das bolsas para os rapaces.

Iolanda Veloso sinalou que o curso empezou o 10 de setembro e que, maila a que o goberno local tiña como prazo máximo para comunicar a resolución das solicitudes para as becas ata o 12 de agosto, a decisión non se tomou ata a Xunta de goberno do pasado día 19.

Admáis delo, a concelleira nacionalista salientou que hai en lista de agarda 405 rapaces para as bolsas de libros e 416 para o de comedor e denunciou que a información sobre os mesmos “desapareceu” da web do Concello.

Veloso afirmou que esta circunstancia débese á “situación de colapso” na Concellería de Benestar, algo que e consecuencia, dixo, “á falla de inversión na mesma, o cal deixa ven craro a importancia que ten para o alcalde atender a aqueles veciños que máis o precisan”, algo que, incisiu, pódese ver no feito de que a concesión do Cheque Social, “que este ano ten 1.200.000 € menos de orzamento”, tamén vaia retrasada.

O BNG insta a Abel Caballero a que faga unha modificación orzamentaria, “que nos apoiremos” para garantir que estos rapaces reciban as súas bolsas, “algo que non se tería producido se, como propuxo o BNG, houbese máis cartos para Benestar”.

 

También te puede interesar