Vigo al día

O PP rexeita rescatar a AP-9 e adianta que negociará con Fomento o seu traspaso a Galicia

O Partido Popular rexeitou este martes un rescate da AP-9 e acusou ao BNG de “populismo” e de estar a favor de “darlle negocio aos americanos. Deste xeito o voceirto popular, Alejandro Gómez, resumiu a postura do seu grupo diante da proposición non de lei presentada no Parlamento de Galicia polo Bloque.

A súa voceira, pediu ao PP que “non defenda os intereses de Audasa”, esixiu ao Goberno que “defenda os intereses de Galicia” diante dos atrancos que hai na autoestrada todos os veranos, ademáis de instar a que se multe á concesionaria da AP-9, que se rescate esta vía e que se traspase a súa titularidade a Galicia.

A resposta do voceiro popular foi enfrontar a “preocupación do BNG por facerlle o negocio aos americanos” coa intención do PP de “negociar o traspaso da AP-9 e a AP-53 co Ministerio de Fomento para conquerir unha política de peaxes xusta”.

 

También te puede interesar